
Tren e rotopala
Nesta foto dos anos 50 aparece un tren e unha rotopala. Vense dúas vías porque daquela o tren non andaba marcha atrás porque non tiña dúas locomotoras, así que tiña que xirar.
Para levar a cabo os traballos de explotación da mina das Pontes utilizouse diferente maquinaria. O modelo de extracción empregado foi o denominado método alemán, un sistema continuo de explotación. Este método consistía na extracción do material mediante o uso de rotopalas que logo se depositaban nunhas cintas. Estas transportaban o lignito ao nó de transferencia, onde mediante amoreadoras era distribuído á central e o material estéril era depositado na entulleira.
Dependendo da época, ENCASO ou ENDESA, utilizaron distintos tipos de maquinaria. Por exemplo, nun principio, para o transporte de materiais da mina, ENCASO optou por utilizar un tren, e en 1955, é cando empezan a utilizarse as rotopalas, sendo as primeiras máquinas deste tipo empregadas no país para a extracción de lignito. Chegou a haber ata 7 ao longo dos anos 80, aínda que a cantidade viuse reducida a 5 debido ao descenso da extracción anual nos anos 90.

Data da foto
Enderezo
Rúa Blanco Amor, 25, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, EspañaPara comentar inicia a túa sesión aquí
Para comentar inicia a túa sesión aquí
Tren e rotopala
Nesta foto dos anos 50 aparece un tren e unha rotopala. Vense dúas vías porque daquela o tren non andaba marcha atrás porque non tiña dúas locomotoras, así que tiña que xirar.
Para levar a cabo os traballos de explotación da mina das Pontes utilizouse diferente maquinaria. O modelo de extracción empregado foi o denominado método alemán, un sistema continuo de explotación. Este método consistía na extracción do material mediante o uso de rotopalas que logo se depositaban nunhas cintas. Estas transportaban o lignito ao nó de transferencia, onde mediante amoreadoras era distribuído á central e o material estéril era depositado na entulleira.
Dependendo da época, ENCASO ou ENDESA, utilizaron distintos tipos de maquinaria. Por exemplo, nun principio, para o transporte de materiais da mina, ENCASO optou por utilizar un tren, e en 1955, é cando empezan a utilizarse as rotopalas, sendo as primeiras máquinas deste tipo empregadas no país para a extracción de lignito. Chegou a haber ata 7 ao longo dos anos 80, aínda que a cantidade viuse reducida a 5 debido ao descenso da extracción anual nos anos 90.

Data da foto
INTÉRESAME
Se estás interesado/a en adquirir esta imaxe dende PHOTTIC trasladarémoslle o teu interese ao propietario para que vos poñades en contacto entre vés.
Os datos aportados serán enviados entre vós e Phottic no se fai responsable do seu tratamento nin do uso que poidades facer dos mesmos.
*Para poder solicitar ao propietario o teu interese na foto debes estar previamente logueado
REDES SOCIAIS